Acabado
ACABADO

Traballamos diferentes tipos de soportes ríxidos e flexibles, tanto efémeros como duradeiros. Dispoñibles en distintos espesores e cores.

CARTÓN PLUMA - Panel moi lixeiro e firme con núcleo de poliuretano e cubertas de celulosa reforzadas con aluminio. Uso interior.
PVC ESPUMADO (FOREX) - Termoplástico de acabado suave, lixeiro e flexible (segundo o seu espesor). Uso interior e exterior.
DIBOND - Composite de aluminio e núcleo de polietileno resistente ao impacto, radiación ultravioleta e erosión. Uso interior e exterior.
METACRILATO - Termoplástico resistente á intemperie e ao impacto. Ideal para sinalización.
POLIPROPILENO CELULAR - Termoplástico lixeiro e económico resistente á intemperie. Uso exterior.
GLASSPACK - Lámina de PVC flexible e lixeira. Principalmente uso exterior.